XV Lugnasad (Venres 5 de Agosto de 2.011)

Un ano máis, nesta XV edición da FESTA CELTA DO LUGNASAD, as mozas e mozos da ASOCIACIÓN XUVENIL AURUXEIRA, con axuda dalgunha Institución, empresas e colaboración de particulares, farán posible "viaxar" no tempo 2.500 anos atrás á máxica cultura dos nosos devanceiros Celtas Galaicos, e celebrar unha das principais festividades desta cultura: O Lugnasad.

  • corredoira
  • coto
  • vodas

Fai click aquí para ver máis fotos

O Lugnasad é a festa do deus Lugh, a celebración do vrau céltigo. Nela había importantes relacións sociais e comerciais; duraban máis de quince días e facíanse trasacións e competicións de cabalos (os curros e a rapa das bestas), así como comer e beber en abundancia. Un aspecto singular desta festa era o carácter matrimonial da mesma. No Lugnasad os mozos e mozas escollían a súa parexa para pasar o inverno xuntos. Confirmaban o matrimonio dándose a man a través dun penedo furado e prevalecía ata o ano seguinte no que tíñan que renovar o ritual, excepto que acordasen deixalo, decisión que xa podían tomar na festa do Beltaine (primavera).

Colabora, envíanos a túas fotos da festa, fai click aquí.

  • g r a c i a s
  • Non máis de 90 caracteres.

Con esta festa do Lugnasad, a Asociación Xuvenil Auruxeira tentamos de mostrar dun xeito lúdico-didáctico unha idea xeral dunha cultura e dunha época que marcou a esencia e as bases que máis caracterizan e diferencian a cultura galega.Pra todo esto, cada ano poñemos máis empeño en reproducir o máis fidedignamente cada aspecto desta cultura: o ambiente (as pallozas, a vestimenta, as xoias, as armas ... ), os ritos, costumes, xogos, etc.

Dende a Asociación Auruxeira de Bretoña queremos agradecer a todas aquelas persoas, empresas, negocios e Institucións públicas que fan posible esta XV Festa Celta do Lugnasad, e moi especialmente ás veciñas e veciños que tódolos anos elaboran de xeito altruista os céltigos prebes que podedes degustar na Festa Celta.

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS NOVOS

A partir das 17:00 haberá actividades para os nenos no Teleclube, ver no mapa

PALIMOCO

As 11:30 virá facer unha representación de contacontos co programa "¿Queres que cho conte?"

Despaciño, sen presa pero sen pausa e coa casa a costas, Palimoco Teatro foi construíndo a súa historia con retazos da vida, montaxes e persoas; todo ilo compón o mundo de soños e emocións, que convidámoste a vivir con nós.

Máis información

  • p a l i m o c o
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco
    • Palimoco

MUXAREGA

O grupo de música folk MUXAREGA nace no ano 1995 como resultado da xuntanza dun grupo de amigos que tiñan a inquedanza de facer música folk instrumental a partires de pezas tradicionais galegas.

Máis información

  • m u x a r e g a
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega
    • Muxarega

LINHO DO CUCO

Naceu en forma de pasarúas e co tempo foi evolucionando até converterse no que é a formación actual, unha sorte de “murga” tradicional á que engaden sonoridades coma as da zanfona ou o acordeón diatónico. Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Andado o tempo, o xérmolo da banda afortalouse coa incorporación de novos membros, todos eles relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

Máis información

  • l i n h o c u c o
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco
    • Linho do Cuco

PE DE BOI

Proxecto musical nado no Val do Ulla (A Estrada), alá polo ano 95. Ao longo dos anos a formación do grupo foi mudando, o que propiciou tamén a aposta por diversos estilos musicais en cada proxecto, reinventándose a través da multiculturalidade e a mestura.

Máis información

  • p e d e b o i
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi
    • Pe de Boi

ULTRÄQÄNS

Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo. Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público.

Máis información

  • u l t r a q a n s
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
    • Ulträqäns
  • Menu
  • Inicio
  • Lugnasad
  • Información
  • Vestimenta

Asociación Cultural Coto da Auruxeira Mapa Email Información