Vestimentas Guerreiros/as, mulleres e homes.

Para participar nalgunhas das representacións da Auruxeira no Lugnasad, coma a Cea de época ou as Vodas polo Ritual Celta, é de rigor estar vestido coa roupa e as xoias celtas, anque sempre deixamos unha marxe para a creatividade lúdica de cadaquén e non é preciso unhas réplicas exactas. A vestimenta ven a representar un símbolo máis da identidade celta que dende a Auruxeira pretendemos salvagardar. Ó longo de todos estes anos, tratamos de buscar a máxima documentación acerca da época celta co fin de que as representacións dos rituais celtas garden o maior rigor histórico. Polo tanto, atopar unha vestimenta axeitada e as xoias constituen unha das premisas destacadas no Lugnasad. Atendendo á personaxe que se pretende representar requerirase unha indumentaria particular e sinxela, que cada persoa ten que confeccionar o seu propio traxe se quere participar nalgunhas das actividades da festa. De seguido, describiremos brevemente como son os traxes dos distintos persoeiros celtas, así coma os materiais dos que están elaborados, a ornamentación, as xoias,...
As telas.
As telas dos traxes celtas soen ser de liño ou de lá, anque debido ó seu custo elevado, pódense empregar tecitos máis baratos e que imitan a tea do liño, como é a loneta de algodón, coa súa cor natural ou empregando algún tipo de tinte. As teas de liño poden ser de lenzo, parte máis fina do liño, ou de estopa, a máis grosa. Xeralmente o lenzo usábase para a parte darriba da vestimenta (blusas, camisas, ...) e a estopa para a parte de abaixo (saias, mantelos, ...). O candil é un tecido elaborado ca mezcla do liño e da lá, e empregábase nos mandís, en mantelos e saias. Existen boas imitacións deste tecido, así podemos atopar teas de loneta, lá e incluso retais de liño a bo prezo.
Traxe de Muller Celta.
Traxe de Muller Celta O traxe da muller celta sería moi semellante ó traxe tradicional galego, sen elementos incorporados nos séculos pasados. As mulleres vestíanse con chambra ou blusa, o xubón (corpiño axustado que vai por enrriba da blusa ou da chambra e atado cunha corda), o Dengue (prenda de abrigo), o mantelo e o mandil (prenda de abrigo que vai por enrriba das costas ou na cabeza). En canto ó calzado podían levar zocas de madeira anque tamén zapatos ou sandalias de coiro.
Traxe de Home Guerreiro.
Como podemos apreciar nas esculturas dos guerreiros galaicos, trátase dun traxe con saia, que pode ir unha peza ou en dúas, saia e camisa. A camisa é de manga curta pra poder lucir os brazaletes, e escote en pico cunha pequena abertura que pecha cun enganche tipo corchetes.A saia vai suxeita polo cinturón mediante unhas presillas. A capa do guerreiro galaico é longa e feita en lá, e polo xeral é de cor moura e presa cunha fíbula. Levan unhas polainas ou medias de lá ó estilo escocés pra quentar as pernas, o calzado parece que sería de coiro semellante ó mocasín. Especialmente os guerreiros van ataviados con xoias coma torques, brazaletes, apliques metálicos e diademas. O traxe de paisano era un traxe semellante ó estilo tradicional galego, pero sen os elementos que se introduciron nos séculos pasados, coma o pantalón ou a chaqueta. Así iría ataviado con camisa de liño, faixa e cirolas (pantalóns frouxos). As polainas que cubren parte das cirolas, cunha capa longa de cor oscura e presa cunha fíbula e calzado de coiro ou zocas.
As Cores e a Ornamentación.
As Cores e a Ornamentación Os celtas galaicos, igual que outros moitos pobos antigos, acostumaban a empregar moito o colorido, en especial nos traxes de festa. Así as cores moi usadas eran o mouro, o branco do liño, o azul añil, o roxo inglés (roxo escuro), verde musgo, cores ocres (extraídas da corteza das árbores) e a mistura destes; lilas, rosáceos, ... A decoración das prendas orixinalmente facíase no tear durante a confección destas, que polo custo que poderían xerar hoxe en día por este método artesanal, pódense realizar con pinturas ou cosendo os adornos á peza base.
Asociación Cultural Coto da Auruxeira Mapa Email Información